Unha vez máis, sería unha versión a que rescataría esta canción do ostracismo para convertela nun clásico imprescindible da música. Isto ocorrería en 1980 grazas a unha banda orixinaria de Nova York liderada por unha moza que traballara como coelliña de Playboy, Deborah Harry. Ó ser unha voz feminina a que interpretaba a canción esta vez, adaptouse a letra orixinaria, que estaba na boca dun rapaz. Así a parte que dicía: I 'm just a kind of boy substituiuse na versión de Blondie por: I'm just a kind of girl.O álbum que contiña a versión de The Paragons titúlase Autoamerican.
As seguintes versións parten da de Blondie, pero non tiveron o éxito suficiente para borrar da memoria colectiva á da banda de Deborah Harry. Quizais a máis recordada sexa a do grupo británico Atomic Kitten, tres mozas que en 2002 lanzaron o seu álbum Feels So Good, que mesmo doblaron ó español para promocionarse en España e Hispanoamérica nunha edición especial do seu álbum de grandes éxitos.
E esta é a versión en español, que titularon "Ser Tu Pasión": http://youtu.be/NrNeq30-lRE
Ningún comentario:
Publicar un comentario