The Supremes foi un dos grupos femininos máis importantes da década dos 60 e un dos emblemas da Motown. Composto por Mary Wilson, Florence Ballard e a carismática Diana Ross, The Supremes chegou a colocar boa parte dos seus éxitos no número un das listas de medio mundo. En 1967, colaboraron na banda sonora da comedia "The Happening" cunha canción homónima escrita por Lamont Dozier e os irmáns Brian e Edward Holland, compositores habituais dos temas da Motown.
http://www.goear.com/listen/b98e0f2/the-happening-the-supremes
En 1990, o grupo Greta y los Garbo, que se formara un ano antes en Valladolid coas irmás Beatriz, Belén e Sara González xunto a Ignacio Gómez, publicou o seu álbum de debut ¡Menuda fiesta! e a canción que lle daba título é unha divertida versión do tema de The Supremes.
http://www.goear.com/listen/5df9cd6/menuda-fiesta-greta-y-los-garbo

Ningún comentario:
Publicar un comentario