En 1962, o cantautor de Greenwich Village Tim Rose formou xunto coa cantante de The Mamas & The Papas Cass Elliot e John Brown o trío folk The Triunvirate. Cando John Brown abandonou a formación pouco despois e substituíuno Jim Hendricks, pasouse a chamar The Big Three. O novo grupo só gravou dous álbums, The Big Three (1963) e The Big Three Live at the Recording Studio un ano despois. No primeiro álbum estaba incluída a canción "The Banjo Song", que, ó igual que The Big Three, non pasou a posterioridade precisamente. Ou talvez si?
En 1969, o grupo holandés Shocking Blue editaba o seu segundo álbum At Home cuxo último corte da cara B, a canción "Venus", se ía converter no seu maior éxito.
http://www.goear.com/listen/4e31ee5/venus-shocking-blue
Pero, o que son as cousas. Para as xeracións posteriores, "Venus" é unha canción dun grupo pop procedente de Londres chamado Bananarama, que se incluía no disco de 1986 True Confessions. Claro, para entón The Big 3 xa parecía pertencer á Idade de Pedra...
http://www.goear.com/listen/a322eff/venus-bananarama

Ningún comentario:
Publicar un comentario