Led Zeppelin é unha das bandas que axudou a consolidar a corrente do heavy dentro do rock e na actualidade, o grupo de Jimmy Page e Robert Plant é todo un referente. Malia o prestixio do seu nome, a traxectoria de Led Zeppelin viuse ensombrecida polos supostos plaxios dos que se abasteceron as súas grandes cancións. Outro día trataremos o seu exemplo máis fragrante: "Stairway to Heaven", quizais a obra mestra de Led Zeppelin, composta por retais de varias cancións doutros grupos como a peza instrumental "Taurus" de Spirit.
No entanto, hoxe imos dedicarnos a unha das súas composicións orixinais e que foi motivo de valiosos covers como "D'yer Mak'er", do álbum Houses of the Holy (1973). O título da canción é unha clara alusión a Xamaica, xa que a pronunciación do título é case idéntica ao do país caribeño.
http://www.goear.com/listen/bbf6e49/dyer-maker-led-zeppelin
A primeira versión deste tema correu a cargo do cantante xamaicano Eek-A-Mouse en 1991, pero o cover máis famoso de "D'yer Mak'er" aparecía en 1995 no álbum de tributo a Led Zeppelin Encomium: A Tribute to Led Zeppelin na voz da compositora Sheryl Crow.
http://youtu.be/2XwoyFzbHNY

Ningún comentario:
Publicar un comentario