Os noruegos A-ha forman parte dese conxunto de bandas da new wave que marcaron os anos 80. A voz inconfundible de Morten Harkett conferiulle unha personalidade notoria a A-ha, axudada polo que sería o maior seu éxito "Take on Me", que xunto co seu videoclip innovador faría que o álbum Hunting High and Low, de 1985, fose un dos máis vendidos nesa década. Nese mesmo álbum atópabase "The Sun Always Shines on TV", unha das cancións de referencia de A-ha e que hoxe vos presentamos.
http://www.goear.com/listen/d718f53/the-sun-always-shines-on-tv-a-ha
En 2000 publicouse o esperadísimo álbum de U2 despois dun silencio de tres anos. All That You Can't Leave Behind abríase cun primeiro single cheo de optimismo "Beautiful Day", que vaticinaba un novo éxito na carreira dos irlandeses. Con todo, houbo moitos que notaron certa influencia da canción de A-ha no tema de U2, pero na nosa modesta opinión, agás en que ámbalas dúas coinciden nun "touch me", poderíase dicir que non se parecen practicamente en nada. En calquera caso, sérvenos de pretexto perfecto para ofrecervos dúas marabillosas cancións que comparten tamén a posibilidade de animar a quen queira escoitalas. De tódolos xeitos, moitos cren que Bono se inspirou no tema de The Kinks "Sunny Afternoon", pero iso será motivo dunha nova entrega.
http://www.goear.com/listen/169424f/beautiful-day-u2

Ningún comentario:
Publicar un comentario