Aínda que esta canción se atribúe a Quiet Riot, banda estadounidense de heavy-metal, os primeiros en gravala foron Slade, en 1973 e incluída no álbum Sladest. Esta banda dos arredores de Birmingham formouse en 1966 e o seu estilo foi variando ó longo do tempo, asentando as bases tanto do glam-rock coma do heavy metal. Non obstante, a calidade pola que se recorda a Slade é a súa teima de introducir faltas de ortografía, o que lle dá un toque característico; deste xeito, o habitual é atopar a versión orixinal desta canción escrita así: Cum On Feel The Noize. Os autores son Jim Lea e Noddy Holder.
http://www.goear.com/listen/a31ee21/cum-on-feel-the-noize-slade
A versión de Quiet Riot, publicada dez anos despois da orixinal no álbum Metal Health, quedou así:
http://www.goear.com/listen/41f6818/come-on-feel-the-noise-quiet-riot
Por último, hai que engadir que en 1996, Oasis fixo unha nova versión que adoptou a selección inglesa de fútbol como himno oficial para a Eurocopa dese ano e que se disputou en Inglaterra. Daquela, Oasis acababa de publicar o seu segundo álbum What's the Story? Morning Glory, con moi boas críticas e era unha das bandas máis punteiras das illas Británicas.
http://www.goear.com/listen/71fe8ed/come-on-feel-the-noise-cover-oasis

Ningún comentario:
Publicar un comentario