Tras abandonar a The Beatles, John Lennon comezou unha carreira en solitario ao igual que os seus compañeiros beatles, que nos deixaría auténticos himnos. Un deles é "Imagine", publicada no álbum homónimo de 1971. O seu éxito foi tal, que non tardou en ser versionada por moitos artistas nos seus propios traballos, como Diana Ross, Joan Baez e xa posteriormente A Perfect Circle, Gilberto Gil e Dolly Parton. Mesmo existe unha versión en árabe e hebreo a cargo de Khaled e Noa. Outros artistas e grupos como Queen e Guns N' Roses interpretaríana en directo.
Ofrecémovos agora a versión de A Perfect Circle:
Pero ademais, os primeiros acordes de Imagine serven de comezo para unha das cancións máis coñecidas de Oasis, "Don't Look Back in Anger", do álbum What's the Story? Morning Glory (1995). E é que John Lennon e The Beatles foron unha inspiración constante para Noel Gallagher, alma máter de Oasis, e iso reflíctese en practicamente todos os traballos da banda de Manchester, especialmente nesta canción.
http://www.goear.com/listen/77fd334/donacutet-look-back-in-anger-oasis
Mais esta canción de Oasis non só está baseada no tema de Lennon. Ten ecos do tema de Neil Innes "How Sweet to Be an Idiot", que lle dá título ó primeiro álbum do inglés, publicado en 1973.
http://youtu.be/htT4ErBz1Oc
Mais esta canción de Oasis non só está baseada no tema de Lennon. Ten ecos do tema de Neil Innes "How Sweet to Be an Idiot", que lle dá título ó primeiro álbum do inglés, publicado en 1973.
http://youtu.be/htT4ErBz1Oc
Ningún comentario:
Publicar un comentario