A cidade de Zaragoza foi dende moitos anos berce de grupos e artistas que deixaron pegada no pop-rock español. Dende os internacionais Héroes del Silencio ata Amaral, sen esqucer a Los Especialistas, Niños del Brasil, El Niño Gusano e Tachenko, os diferentes estilos musicais entrelázanse na ribeira do Ebro. Unha das bandas de rock dos anos 80 máis populares de Aragón, aínda que non o suficientemente recoñecidos ata hai uns anos foi Más Birras, formados en 1985 por Mauricio Aznar. Cunha traxectoria máis ben breve que rematou en 1993, a discografía de Más Birras componse de catro EPs, un álbum e un recompilatorio. Precisamente no seu primeiro EP co que debutaban Al Este del Moncayo (1987) atópase a súa canción máis coñecida "Apuesta por el Rock and Roll".
A reivindicación de Más Birras ía chegar por medio dos seus paisanos Héroes del Silencio en 1998 cando con motivo da súa disolución editaron Rarezas, un recompilatorio que se abría coa versión do tema de Más Birras. Enrique Bunbury aínda habería de acordarse de Más Birras no seu álbum en solitario El Viaje a Ninguna Parte (2004) ó gravar "Voces de Tango", outra canción dos seus veciños.
Ningún comentario:
Publicar un comentario