"Sunshine of Your Love", unha das cancións incluídas no segundo disco de Cream Disraeli Gears (1968) tornouse dende o seu lanzamento como un dos referentes do supergrupo formado por Eric Clapton, Jack Bruce e Ginger Baker. O seu potente riff de guitarra executado por Clapton é deses que non pasa desapercibido e queda gravado na memoria permanentemente. Non foron poucos os guitarristas que se resistiron a reproducilo e mesmo no ano da súa aparición Jimi Hendrix marcou unha versión instrumental deste tema nalgúns dos seus concertos que o confirmaba, xunto a Clapton, como un dos mellores guitarristas de todos os tempos.
Ésta é a versión de Jimi Hendrix, que habería de aparecer no álbum póstumo Experience Vol 1(1971), un disco en directo co mellor do músico de Seattle.
http://www.goear.com/listen/0f35c19/sunshine-of-your-love-jimi-hendrix
Tamén de 1968 é a versión de Ella Fitzgerald, que se incluiu no seu álbum en directo que titulou exactamente como a canción de Cream Sunshine of Your Love, e que contén diversas versións de temas dos 60.
http://www.goear.com/listen/33bc537/sunshine-of-your-love-ella-fitzgerald
O riff de "Sunshine of Your Love" sampleouse nunhas cantas ocasións. Como xa vimos, Robby Krieger, o guitarrista de The Doors sinalou que se basearan nel en "Hello, I Love You", pero habería de estar máis explícito noutros temas como o de Blood, Sweat & Tears en "Blues Part II", do seu álbum epónimo publicado tamén en 1968.
http://www.goear.com/listen/3e60922/blues-part-ii-blood-sweat-tears
Outra banda de Nova York de jazz fusion como Mahavishnu Orchestra tamén empregou "Sunshine of Your Love" no seu tema "Dream" do álbum en directo de 1973 Between Nothingness and Eternity.
http://www.goear.com/listen/d56c7f0/dream-2125-mahavishnu-orchestra

Ningún comentario:
Publicar un comentario