En 1978 facía o seu debut en Estados Unidos unha banda de rock procedente de Boston que se ían converter en toda unha referencia da New Wave, o novo movemento que sacudiu os anos finais da década dos 70 e se asentaría nos 80. The Cars estaba formado por Ric Ocasek, Benjamin Orr, Elliot Easton, Greg Hawkes e David Robinson e o seu primeiro disco The Cars contou con dous singles fantásticos, o primeiro "Just What I Needed" reservoulles un oco na órbita a The Cars.
O segundo deles, "My Best Friend's Girl", mantense na liña do anterior. É outra gran canción que confirmaba o bo facer de Ric Ocasek, que tamén asinaba "Just What I Needed". A introdución é tamén moi semellante ó primeiro single: http://www.goear.com/listen/2628c80/the-cars-my-best-friends-girl-
Se hai unha banda que conservou a esencia de The Cars nas décadas posteriores é Fountains of Wayne. O grupo de Chris Collingwood non só bebeu das fontes da New Wave senón que souberon revitalizar o power pop, do que son unha das suás principais bandas. "Stacy's Mom", do terceiro traballo discográfico dos neoiorquinos Welcome Interstate Managers (2003) é unha homenaxe ós dous primeiros singles de The Cars. De "Just I What I Needed" recolle algún que outro sample, mentres que co segundo "My Best Friend's Girl" comparte a liña temática na letra e támén e moito máis próxima no estilo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario