Mellon Collie and the Infinite Sadness, o terceiro álbum de Smashing Pumpinks, é a culminación dun proceso de creación que Billy Corgan comezara a forxar dende o anterior disco Siamese Dream (1993). Publicado en 1995, o single promocional deste traballo é "Bullet with Butterfly Wings", cun son potente que consegue que sexa unha das cancións inesquecibles dun dos mellores discos editados na década de 1990.
Das versións deste tema, quizais o máis sorprendente sexa a da cantautora sueca Frida Snell, que no seu disco de debut Black Trillium (2002) converteu "Bullet with Butterfly Wings" nunha fermosa balada, que contrasta bastante co son das guitarras eléctricas da versión orixinal.
http://youtu.be/HQeTaX6Xawg
http://youtu.be/HQeTaX6Xawg
Ningún comentario:
Publicar un comentario