Non será a primeira vez (nin tan sequera a última) que falemos da importancia de Led Zeppelin como unha das bandas máis influentes de todos os tempos. Os seus míticos riffs de guitarra poden rastrexarse en moitos artistas e grupos que non dubidan en inspirarse neles do mesmo xeito que Jimmy Page e compañía adoitaban facer cando estaban no cumio da súa carreira cos seus artistas favoritos. "Heartbreaker", do segundo disco dos ingleses Led Zeppelin II (1969) é desas cancións que están presentes nos acordes dalgunha canción posterior.
A canción que de certa forma resucitou o riff de "Heartbreaker" é "Rock and Roll Is Dead", primeiro single do cuarto álbum de Lenny Kravitz Circus, publicado en 1995.
Resultaba curioso que o rockeiro neoiorquino escribise unha canción que falase sobre a morte do rock, xusto o mesmo ano en que Prince gravaba un tema cun título que contradecía a opinión de Kravitz. "Rock 'N' Roll Is Alive (and It Lives in Minneapolis" publicouse como cara B do single "Gold" que pertence ó álbum The Gold Experience.
Ningún comentario:
Publicar un comentario