De pouco lle valeu a Javier Andreu que La Frontera, a banda que fundou xunto con Toni Marmota, editase varios traballos discográficos que pasaron sen pena nin gloria, cando en 1989 o gran público descubriu esta magnífica banda grazas a "El Límite", a canción que abría o cuarto disco Rosa de los Vientos e que foi elixido como primeiro single. Dende ese momento, La Frontera comezou a aparecer de xeito habitual nas listas de vendas a comezos dos anos 90, aínda que co paso do tempo a súa popularidade foi decaendo, a pesar de que Javier Andreu e o resto de compoñentes de La Frontera segue publicando excelentes discos; o úlitmo Rivas Creek (2011) contén toda a esencia country rock que fixo de La Frontera un dos mellores grupos rock das últimas décadas.
http://www.goear.com/listen/5b7c873/el-limite-la-frontera
Unha das bandas que tratan de abrirse paso na escena pop-rock española nestes últimos anos é Sin Límite, unha banda malagueña, que de vez en cando nos sorprende con algunha boa versión dos grupos que admiran. A de "El Límite" é unha das mellores.
http://www.goear.com/listen/6e841b5/el-limite-sin-limite

Ningún comentario:
Publicar un comentario