En novembro de 1968 os Beatles lanzaban ó mercado discográfico o seu noveno álbum de estudio, un ano despois de sorprender con Magical Mystery Tour, publicado tan só cinco meses despois do incrible Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band. O novo disco, que levaba o título do grupo, non tardou en ser coñecido como The White Album pola cor branca da carátula e ó igual que os anteriores, estaba influído polo ambiente místico que atoparon na India; mais por outra parte, The Beatles tamén era o primeiro disco que editaban no seu propio selo discográfico Apple. "Sexy Sadie" é unha das cancións máis destacadas deste traballo.
E como calquera canción dos Beatles "Sexy Sadie" colouse nunha canción dos anos 90, unha das mellores desa década. "Karma Police", primeiro single do terceiro disco de Radiohead OK Computer (1997), contén unhas notas do piano moi semellantes a "Sexy Sadie".
http://www.goear.com/listen/07743a2/karma-police-radiohead
A banda de Thom Yorke é sen dúbida un referente hoxe en día para moitos artistas novos. Vexamos senón, a canción de Lily Allen " Littlest Things", do debut da cantante inglesa Alright, Still (2006) cun comezo que lembra moito ó de "Karma Police".
http://youtu.be/dksGBJeLnQs
Pero a transcendencia de "Sexy Sadie" foi moito máis aló do que se pode pensar. Serviulle a Miquel Serra, Jaime García, José Luis Sampol e Toni Toledo para darlle nome a súa banda en 1992. Como non podía ser doutra forma, a banda mallorquina Sexy Sadie publicou unha versión do tema dos Beatles no álbum de versións Dream Covers (2002).
Ningún comentario:
Publicar un comentario