Os anos 80 alumbraron unha nova voz que situou o R&B como un xénero bastante popular dentro da New Wave. A responsable disto é unha cantante inglesa de orixe nixeriana, co nome de Sade. A súa voz envolvente e sensual combinada cunhas melodías coidadas fixo que o seu estilo se coñecese como "smooth jazz" e hoxe resulte inconfundible. "The Sweetest Taboo", unha das súas cancións máis emblemáticas, foi o single de lanzamento do segundo disco de Sade Promise, publicado en 1985.
En 1998, as francesas Les Nubians fixeron unha adaptación de "The Sweetest Taboo" no seu álbum de debut Princesses Nubiennes que titularon "Tabou".
http://youtu.be/cN6WR43VN-0
Algo máis de éxito colleitou a versión de Shola Ama e Glamma Kid 1n 1999, dándolle un aire rapeiro que fixo as delicias dos amantes do hip-hop.
http://youtu.be/Jb_bV4AG4Fk
http://youtu.be/cN6WR43VN-0
Algo máis de éxito colleitou a versión de Shola Ama e Glamma Kid 1n 1999, dándolle un aire rapeiro que fixo as delicias dos amantes do hip-hop.
http://youtu.be/Jb_bV4AG4Fk
Ningún comentario:
Publicar un comentario