A Phil Collins sempre lle preocupou o problema das persoas que se ven obrigadas a vivir na rúa. Xa cando estaba en Genesis escribiu un tema sobre as persoas sen teito titulado "Man on the Corner", pero sería durante a súa carreira en solitario cando asinase a canción por excelencia sobre este problema social. "Another Day in Paradise", o single que presentaba o seu cuarto traballo discográfico á marxe de Genesis ...But Seriously (1989), contén unha letra conmovedora e é unha das baladas máis representativas de Collins.
http://www.goear.com/listen/a1291a2/another-day-in-paradise-phil-collins
A primeira versión destacable de "Another Day in Paradise" apareceu nas ondas radiofónicas apenas un ano despois do lanzamento do álbum de Phil Collins a cargo de Jam Tronik, que transformaron a balada nun tema dance destinado ás pistas de baile. Esta versión está recollida no recompilatorio británico Now That's What I Call Music 17 (1990) que recollía o melloriño do pop do momento nas Illas Británicas. Mesmo contén a canción de Phil Collins "I Wish It Would Rain Down", outro dos grandes temas de ...But Seriously.
http://youtu.be/gJrjbHusYBU
Moi influenciado polo son de "Another Day in Paradise", Phil Collins compuxo xunto con David Crosby o tema "Hero", que aparecería no disco de Crosby Thousand Roads (1993). Phil Collins tamén colaborou na gravación e mesmo fixo a súa propia versión para a cara B do single "We Wait and We Wonder", do álbum de Collins de 1993 Both Sides.
http://www.goear.com/listen/2189ef7/hero-david-crosby-phill-collins
Aínda que máis evidente é o sample de "Another Day in Paradise" que empregou Supafly Inc. en 2006 no tema "Moving too fast".
http://www.goear.com/listen/65f91ba/moving-too-fast-supafly-inc
http://www.goear.com/listen/a1291a2/another-day-in-paradise-phil-collinsA primeira versión destacable de "Another Day in Paradise" apareceu nas ondas radiofónicas apenas un ano despois do lanzamento do álbum de Phil Collins a cargo de Jam Tronik, que transformaron a balada nun tema dance destinado ás pistas de baile. Esta versión está recollida no recompilatorio británico Now That's What I Call Music 17 (1990) que recollía o melloriño do pop do momento nas Illas Británicas. Mesmo contén a canción de Phil Collins "I Wish It Would Rain Down", outro dos grandes temas de ...But Seriously.
Moi influenciado polo son de "Another Day in Paradise", Phil Collins compuxo xunto con David Crosby o tema "Hero", que aparecería no disco de Crosby Thousand Roads (1993). Phil Collins tamén colaborou na gravación e mesmo fixo a súa propia versión para a cara B do single "We Wait and We Wonder", do álbum de Collins de 1993 Both Sides.
Aínda que máis evidente é o sample de "Another Day in Paradise" que empregou Supafly Inc. en 2006 no tema "Moving too fast".
Ningún comentario:
Publicar un comentario