Georges Brassens é un dos grandes cantautores franceses que transcenderon máis aló do país galo para enriquecer con grandes melodías a música sen deixar de facer protesta social. Aínda que unha boa parte do seu repertorio consiste en poemas musicalizados de grandes autores coma Victor Hugo e François Villon, Brassens tamén compuxo as súas propias letras que están á altura dos clásicos que adaptou. Unha das súas composicións máis celebradas é "La Mauvaise Réputation", de 1952, onde cunha gran ironía Brassens fala de si mesmo.
George Brassens tivo un gran predicamento para os cantautores españois dos anos 60 que o consideraban practicamente un mestre. Paco Ibáñez foi un dos primeiros en adaptar as canción do francés á lingua de Cervantes; así "La Mauvaise Réputation" transformouse en "La Mala Reputación".
Loquillo y Los Trogloditas encargáronse de modernizar "La Mala Reputación" no seu álbum Morir en Primavera (1988), dándolle un toque country que casa moi ben co estilo de José María Sanz.
A última versión en clave folk rock chegou de Arxentina da man de Arbolito, que titularon así o seu segundo disco, que se pechaba precisamente con "La Mala Reputación".
Ningún comentario:
Publicar un comentario