Un dos artistas que se habería de converter nun dos grandes referentes do hip-hop foi Melvin Bliss. En 1973 este cantante habería de coñecer a fama grazas ó tema "Synthetic Substitution", todo un bombazo nun momento en que a música se estaba transformando nun amplo abano de diferentes estilos. "Synthetic Substitution" caracterízase sobre todo polo ritmo que lle imprime a batería e que se convertería no reclamo para que esta canción non caíse no esquecemento.
Aclamada como unha canción imprescindible para os artistas de hip-hop especialmente polo son da batería, "Synthetic Substitution" foi sampleada un sinfín de veces, pero nós imos quedar cunha das poucas cancións electrónicas que se serviron desa batería. Trátase de "Extreme Ways", a canción de Moby que aparece no seu disco 18 (2002) e tamén na banda sonora de "The Bourne Ultimation", a última película da triloxía protagonizada por Matt Damon.
Ningún comentario:
Publicar un comentario