A raíña indiscutible do soul, a gran Aretha Franklin comezou a forxar a súa lenda dende mediados dos anos 50 e nunca deixou de figuar o seu nome nas listas de vendas. Saber rodearse dos compositores adecuados, así como a carismática personalidade de Aretha formou unha combinación que elevou o soul a cotas que en principio parecian vetadas para un estilo clásico fronte o fenómeno rock que viviu a música na segunda metade do século XX. "One Step Ahead", unha das grandes baladas de Aretha Franklin publicouse en 1965.
O retrouso de "One Step Ahead" sampleouno o rapeiro Mos Def para crear un dos mellores temas de hip-hop dos noventa "Ms Fat Boody" do álbum Black on Both Sides (1999).
Ningún comentario:
Publicar un comentario