No espertar da década de 1950 cando a semente do rock empezaba a agromar a partir do blues e o jazz, Tiny Bradshaw, un dos principais cantantes de jazz gravou "Train Kept A Rollin'" en 1951, cun estilo que lembraba o swing máis clásico pero non pasaron moitos anos en ser adaptada ó novo son.
Os primeiros que levaron "Train Kept A Rolling'" ás emerxentes listas de vendas do rock foron The Rock and Roll Trio en 1956, onde o carisma do seu líder Johnny Burnette chegou a eclipsar ó resto do grupo.
Unha das bandas que se sentiron cativadas por esta canción foi The Yardbirds. Tal foi o cariño que os integrantes da banda lle teñen ó tema de Bradshaw que por unha parte, Jimmy Page gravou unha nova versión cando formou Led Zeppelin, e anos despois Jeff Beck tamén fixo a súa propia versión para unha película. A versión de The Yardbirds está incluída no álbum Having a Rave Up with The Yardbirds (1965).
E baseándose no riff de guitarra da versión de Johnny Burnette, a banda de Ohio The Black Keys, unha das últimas sorpresas agradables que xurdiron nos últimos anos na música rock, crearon "Lonely Boy", o single de lanzamento do seu sétimo álbum El Camino (2011).
Ningún comentario:
Publicar un comentario