Nestas últimas décadas o rock experimental e a música electrónica en xeral tiveron un crecemento notorio no mundo da música, que buscaba novas maneira de innovar no son, sempre na procura dunha nota de orixinalidade que servise para avanzar na evolución da música. De aí a auxe de grupos como Animal Collective, Crystal Castles e Gang Gang Dance, que hoxe vos presentamos. Esta formación procedente de Nova York xurdiron en 2001 e tres anos máis tarde publicaban o seu primeiro disco Revival of the Shittest. Xa asentados como unha das mellores bandas do son máis vangardista, en 2008 editaron o disco Saint Dymphna cunhas excelentes críticas. Nel inclúsese unha das cancións máis coñecidad de Gang Gang Dance "House Jam".
E a razón pola que "House Jam" colleu tanta sona débese a unha polémica xurdida a raíz dunha canción dos británicos Florence + The Machine. A banda de Florence Welch foi unha das sorpresas de 2009 coa publicación do seu sensascional debut Lungs, onde unha das cancións máis recoñecidas é "Rabbit Heart (Raise it Up)". Nesa canción percíbese algún elemento da melodía de Gang Gang Dance e a letra tamén recolle algún verso da mesma canción. Por ese motivo, Gang Gang Dance reclamou unha parte dos beneficios da canción.
Ningún comentario:
Publicar un comentario