Os eternos Led Zeppelin deixaron notas, riffs electrizantes de guitarra, que se perpetuaron en case todos os seus seguidores que se dedicaron a seguir os pasos de Jimmy Page, Robert Plant, John Bonham e John Paul Jones. Unha desas cancións cun riff que serviu de inspiración para temas posteriores é "In the Light", do sexto álbum de Led Zeppelin Physical Graffiti (1975).
Por exemplo, un riff parecido é o de Danzing na canción "Snakes of Christ", que aparece no segundo álbum da banda de Nova Jersey Danzing II: Lucifuge (1990), que como toda boa banda de heavy metal ten a Led Zeppelin como referente.
Tamén é bastante recoñecible o riff de guitarra de "Sex Type Thing", un dos primeiros temas de Stone Temple Pilots, presentes no seu álbum de debut Core (1992). Segundo Dean DeLeo, o guitarrista da banda, está inspirado en Led Zeppelin, pero moitos críticos apuntan a que está sacado directamente da canción de Danzing, que por outra parte como xa vimos, soa moito a Led Zeppelin.
Pero o propio riff de guitarra de "Sex Type Thing" tamén inspirou novos temas como "This Is Heavy Metal", de Lordi, o grupo finés que tanta sona acadou por gañar Eurovisión en 2006. "This Is Heavy Metal" é unha das canción do álbum Babez for Breakfast (2010).
Ningún comentario:
Publicar un comentario