O outro día falabamos de Patti Smith como unha das voces femininas máis importantes do rock e que nos anos 70 achegou este estilo musical ás mulleres. Nese senso, tampouco nos podemos esquecer de Suzi Quatro, outra moza que dende que publicou o seu primeiro single en 1966 deixou claro que a ela non lle ían as cancións melódicas precisamente. No entanto, se todo o mundo recalca a importancia que Patti Smith tivo para o rock en feminino, non se percibe do mesmo modo no caso de Suzi Quatro, cando ámbalas dúa tiveron unha traxectoria bastante parecida. O que non se discute é que a música de Suzi Quatro tamén foi moi influente en artistas posteriores como Joan Jett e Deborah Harry, por citar dous nomes. "Devil Gate Drive", do álbum Quatro (1974), é unha das cancións máis potentes da rockeira de Michigan.
E non só o mundo do rock bebeu da música de Suzi Quatro. Orbital non dubidou en empregar unha parte do retrouso de "Devil Gate Drive" no seu tema "Bigpipe Style" do álbum The Middle of Nowhere (1999).
Ningún comentario:
Publicar un comentario