En 1975 saía publicado en Estados Unidos o álbum de debut de Patti Smith, Horses, producido por John Cale. O resultado viña a supoñer a consagración dunha cantautora ó rock cun primeiro disco decisivo que apostaba forte polo incipiente punk que conquistaría a música na segunda metade da década de 1970. Por outra banda, tamén foi decisivo para o movemento feminista que reivindicaba a presenza da muller no mundo do rock, ata daquela dominado maioritariamente polos homes, sen caer nos estereotipos habituais que se empezaban a asociar a aquelas mulleres que se querían dedicar á música. Á marxe de todo isto, Horses, está cheo dunhas grandísimas cancións que influíron de maneira notable en músicos de moi diferentes estilos e tendencias. "Kimberly", o corte que abre a cara B do disco, é unha desas sensacionais cancións.
Johnny Marr e Morrisey, os principais componentes de The Smiths recoñeceron varias veces a infuencia que para eles tivo concretamente "Kimberly" no seu tema "The Hand That Rocks The Hardle", no álbum epónimo da banda de Manchester e que supuña o debut de The Smiths en 1984.
Ningún comentario:
Publicar un comentario