Grandmaster Flash and the Furious Five é unha das bandas de hip-hop que a comezos da década dos 80 potenciaron este son combinándoo coa música electrónica, tan en boga naqueles anos. O resultado é un dos máis interesantes dos 80. O primeiro álbum The Message (1982) é hoxe todo un clásico que influíu en numerosos artistas de hip-hop e a canción que lle dá título é un referente indiscutible.
Unha das cancións que máis presente ten o son de Grandmaster Flash and the Furious Five é outro clásico dos 80. Nin máis nin menos que o éxito de Pet Shop Boys "West End Girls", do álbum Please (1986).
"West End Girls" convertido xa nun clásico, tamén serviu á vez de inspiración para novos temas. O máis sonado é o de Madonna "Jump", terceiro single do disco Confessions on a Dance Floor (2005), un dos traballos discográficos no que a raíña do pop máis se dedicou a empregar samples dalgunhas das súas cancións favoritas, como o caso do primeiro single en que sampleaba un dos éxitos de ABBA.
Ningún comentario:
Publicar un comentario