O funk eclosionou como estilo musical de pleno a mediados da década de 1970, cando as discotecas norteamericanas comezaron a apostar forte polos novos sons que se estaban innovando cos sintetizadores, cada vez máis habituais nos estudios de gravación. Unha desas primeiras bandas que contribuíron á difusión do funk é Parliament. A banda de Nova Jersey, que se formara a comezos dos 60 como un de tantos grupos cun son tan tradicional como o doo-wop e o soul, soubo transformarse en dez anos nun dos estandartes do novo estilo. Co seu cuarto traballo, Mothership Connetion, o segundo que editaban en 1975, está considerado un dos mellores traballos discográficos de Parliament. Pecháse con "Night of the Thumpasorus Peoples".
Os irmáns Chris e Rich Robinson formaron en 1989 unha das mellores bandas de rock dos 90. The Black Crowes pronto conseguiron popularidade, sobre todo a raíz da publicación do seu segundo disco The Southern Harmony and Musical Companion (1992). O single que o presentaba, "Remedy" ten un riff de guitarra moi característico que lembra claramente á canción de Parliament.
Ningún comentario:
Publicar un comentario