O segundo álbum de The Police, editado tan só un ano despois do debut do trío londinense, Regatta de Blanc (1979) confirmaba as boas sensacións que se espertaran con Outlandos d'Amour cun repertorio de excelentes cancións que ían a consagrar a The Police como un dos mellores grupos da década de 1980. A súa combinación de reggae e rock acada cotas altas con "Message in a Bottle", "Walking on the Moon" e mesmo a que hoxe vos presentamos "The Bed's Too Big Without You", escrita por Sting, conforman o son máis característico de The Police.
Baseada en "The Bed's Too Big Without You", "The Glorious Land", unha das últimas xoias que a cantautora inglesa PJ Harvey contén no seu último traballo discográfico Let England Shake (2011) e é quizais a mellor canción deste último álbum.
Ningún comentario:
Publicar un comentario