Os membros de Pink Floyd sempre demostraron unhas grandes inquedanzas musicais, que se acabaron reflectindo en cada traballo da banda. Pero a súa creatividade extralimitaba moitas veces o proceso de elaboración dos traballos do grupo e iso levábaos a cultivar unha carreira en solitario pola súa conta, con experiencias que máis tarde enriquecerían de novo á banda. Á marxe de Syd Barret, David Gilmour decidiu probar en solitario cun álbum epónimo en 1978, que consta de nove cancións, varias delas totalmente instrumentais. Unha delas é "Raise My Rent", unha peza que excede os cinco minutos e da que Gilmour volvería botar man anos máis tarde.
https://youtu.be/eVdJCGUHL4A
https://youtu.be/eVdJCGUHL4A
Despois de varios anos que parecían dar por rematada a fantástica traxectoria de Pink Floyd, David Gilmour, xunto con Richard Wright, pero sen a colaboración de Roger Waters, con quen mantía unha relación nula, volveu pór de actualidade á banda coa publicación do álbum The Division Bell (1994), onde se inclúe a canción "What Do You Want From Me?", que se construíu coa base de "Raise My Rent".
https://youtu.be/_zsnGq4rvEM
https://youtu.be/_zsnGq4rvEM