venres, 18 de marzo de 2016

This Ain't A Love Song

Na primavera de 1995 Bon Jovi publicou o seu sexto álbum de estudio, These Days (1995), nun momento doce para a banda de Nova Jersey tralo enorme éxito do seu anterior disco, Keep the Faith (1993) e o compilatorio Cross Road (1994). Sen dúbida, Bon Jovi, que fora un dos grupos máis importantes de rock nos oitenta, dominaba a escena como ninguén unha década despois e aínda hoxe seguen nunha forma envexable. A presentación de These Days produciuse co single "This Ain't A Love Song", unha contudente balada, desas que tan ben se lle dan a Jon Bon Jovi e que forma parte do éxito continuo desta veterana banda, que segue a levantar paixóns tanto no seus seguidores de toda  a vida, como nas novas xeracións.


Bon Jovi sempre foi unha banda moi considerada co seu público latino, e proba diso é que habitualmente adapta algunhas cancións ó castelán, malia que ás veces as letras novas non sexan fieis á orixinal. "This Ain't A Love Song" quedou como "Como yo nadie te ha amado".

 
Marabillosa é a versión en clave merengue que Eddy Herrera fixo de  "Como yo nadie te ha amado" no álbum Para siempre (2003). Hai que recoñecer que non sempre é doado adaptar unha canción pop-rock ós estilos latinos e neste caso esta roza á perfección. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario