luns, 14 de marzo de 2016

Sea of Sin

Sempre que se prepara un álbum, hai que seleccionar as cancións que van formar parte del e nese proceso quedan fóra outras moitas, que logo, ora se descartan completamente e quedan nunha gaveta, ora aparecen despois como caras B ou resérvanse para futuros traballos. O sétimo álbum de Depeche Mode, Violator (1990), tamén conta coas súas cancións esquecidas nas caras B dos singles de promoción, e que finalmente se fixeron máis visibles nas edicións de coleccionista que a banda foi sacando posteriormente. Unha desas cancións é "Sea of Sin", que apareceu na cara B de "World in My Eyes".


Malia que "Sea of Sin" non é unha das cancións máis coñecidas de Depeche Mode,  é unha das favoritas de Jimmy Pop, líder de Bloodhound Gang, quen se apropiou da melodía para crear a música de "The Ballad of Chasey Lain", un dos temas do álbum de Bloodhound Gang Hooray for Boobies  (1999).

Ningún comentario:

Publicar un comentario