Velaquí unha nova entrega da serie monográifica dedicada ás cancións que falan de choiva. Para esta ocasión ofrecémosvos seis cancións dos oitenta e dos noventa, que seguro saberán degustar os amantes do pop e do rock de hai unhas décadas. Arrincamos coa sensacional canción de Whitesnake "Crying in the Rain", que aparecía por primeira vez no quinto álbum da banda, Saints & Sinners (1982) e que logo Whitesnake habería de volver gravar no álbum epónimo que se editou en 1987.
https://youtu.be/G3iVEb8ujQk
Tamén magnífica é a canción de Peter Gabriel "Red Rain", pertencente ó álbum So (1986). Sen dúbida ningunha, esta canción constitúe unha das máis aclamadas na discografía do ex líder de Genesis.
https://youtu.be/FkLTwX0duY4
Outro exemplo de canción que fala de choiva procede dos escoceses The Jesus and Mary Chain con "Happy When It Rains", pertencente a Darklands (1987). O título desta canción habería de inspirar anos máis tarde unha das máis famosas de Garbage, que tamén veremos noutra entrega deste monográfico sobre a choiva.
https://youtu.be/UOJFPyHovgM
Ó igual que fixera o seu ex colega de Genesis, Phil Collins tamén lle escribiu á choiva en "I Wish It Would Rain Down", tema do álbum ...But Seriously (1989).
https://youtu.be/YcY3FH208l8
E rematamos por hoxe con dous temas moi rockeiros de 1997 que levan o mesmo título, "Rain". A primeira é a canción de Muse, que daquela aínda estaba case en cueiros e aínda non chegara a editar ningún álbum. De feito, a canción "Rain" da banda de Matt Bellamy pertence a unha das maquetas que Muse editou ó longo da súa traxectoria, Newton Abbot Demo (1997).

https://youtu.be/dTQ0C7EH3nI
Ese mesmo ano unha das bandas máis veteranas do rock, Kiss, publicaba Carnival of Souls: The Final Sessions (1997) onde tamén aparece unha canción titulada "Rain".
https://youtu.be/z0F-yyT4XZo
Ningún comentario:
Publicar un comentario