venres, 11 de marzo de 2016

Mary Jane

Na discografía de Rick James destaca especialmente unha canción do seu primeiro álbum, Come Get It!, (1978), por ser fonte de inspiración para unha manchea de cancións, especialmente da escena do hip hop, quen a explotaron a cachón, pero tamén algunhas outras pertencentes a outros estilos están baseadas nalgún anaco de "May Jane", que así se chama o tema de Rick James. Esta canción foi o segundo single que se extraeu, superando nas listas americanas o posto obtido co single de lanzamento "You and I" e puña de manifesto que a proposta de Rick James de achegar o funk a outro estilo tan de moda naquel momento coma o punk podía funcionar .

https://youtu.be/-1LGBg9ysd4

Unha das mellores cancións que aproveitaron o son de "Mary Jane" é a canción de Mary J. Blige, "Mary Jane (All Night Long)" do álbum My Life (1994). Mary J. Blige combina a canción de Rick James con outras que imos ver deseguido antes de continuar con outras derivacións de "Mary Jane".

 http://www.firstclassfashionista.com/wp-content/uploads/2008/01/mary-j-blige-u18.jpghttps://youtu.be/NbYhySUUH-0

Outra canción cun estilo moi parecido ó de "Mary Jane" e que serve para ensamblar a canción de Mary J. Blige é a canción de Teddy Pendergrass "Close the Door", pertencente ó álbum Life Is a Song Worth Singing (1978).


Outra canción que forma parte da canción de Mary J. Blige é o de Mary Jane Girls "All Night Long" do álbum epónimo editado en 1983. Por certo, moita xente pensa que o nome deste grupo está tomado precisamente da canción de Rick James e non hai que negar que a influencia deste músico pódese notar nesta canción.

https://youtu.be/7B5xS_qk0ko

Volvendo á "Mary Jane" orixinal, unha das cancións que non están na órbita do funk, do R&B e do hip hop e que presenta varios ecos da canción de Rick James é a de Weezer titulada "Peace", un dos temas de  Make Believe (2005).

http://www.100xr.com/artists/W/Weezer/Weezer-band-2005.jpghttps://youtu.be/JIRZwzxqm2A

Tamén se ten sinalado a influencia de "Mary Jane" na canción de Lana Del Rey "Blue Jeans", canción do seu exitoso segundo álbum Born to Die (2012), aínda que neste caso os parecidos, mesmo por moi indirectos que sexan, non están tan claros.

http://static1.1.sqspcdn.com/static/f/76171/16930640/1330773960670/lana_del_rey_vogue_march_2012.jpeg?token=P1LDhBXVwFqYJpYSh0%2BuGh0JeIU%3Dhttps://youtu.be/8t-I-Lqy06g

Ningún comentario:

Publicar un comentario