En febreiro de 1977 Fleetwood Mac publicou Rumours, o segundo álbum trala incorporación de Lindsey Buckingham e Stevie Nicks e que supuxo un achegamento a un son máis comercial. Mais o prezo que tivo que pagar a banda angloamericana polo éxito masivo que estaban a colleitar trala extensa xira do álbum anterior foi moi caro. As relacións persoais entre os membros da banda comezaron a deteriorarse dunha maneira notable e nese ambiente gravouse Rumours, que co tempo sería un dos traballos máis recordados de Fleetwood Mac, grazas entre outras cancións a "Dreams", unha canción de Stevie Nicks que reflicte moi ben o momento que estaban atravesando.
En 1998 publicouse un álbum de tributo a Fleetwood Mac onde outros artistas interpretaban os seus éxitos. Unha das versións máis destacadas é a da banda irlandesa The Corrs que souberon darlle o seu persoal toque folk a "Dreams". Legacy: A Tribute to Fleetwood Mac's Rumours recolle o mellorciño desta banda.
http://www.goear.com/listen/db43e0d/dreams-the-corrs
"Dreams" foi versionada tamén por outros moitos artistas que, ou ben publicaban álbums con versións das súas cancións favoritas, ou ben aproveitaban para enlazar esta canción con outras propias no transcurso dun concerto. Destacamos a versión que The Morning Benders realizaron para o seu traballo de versións The Bedroom Covers de 2008.
http://www.goear.com/listen/439dcf8/dreams-fleetwood-mac-cover-the-morning-benders

Ningún comentario:
Publicar un comentario