mércores, 29 de febreiro de 2012

Insurrección

As carreiras en solitario de Manolo García e Quimi Portet non poden ser máis diverxentes. Mentres Quimi se decantaba por buscar un son moito máis experimental acadando un estilo surrealista que se reflicte nos seus discos publicados en catalán e que apenas teñen transcendencia no mercado español, Manolo García converteuse nun supervendas sen modificar sequera a súa fórmula do éxito, co conseguinte resultado dunha traxectoria plana por moito que nos pese, xa que agás no seu terceiro traballo onde aparecía a colaboración de Carlinhos Brown, non se pode dicir que a innovación sexa unha das características deste artista cuxa influencia é notable na música española. Pero xuntos, coa súa banda El Último de la Fila conseguiron escribir unha das páxinas máis brillantes do pop en España, grazas a unhas letras cheas de poesía e de sentido do humor. No seu segundo álbum Enemigos de lo ajeno atópase "Insurrección", unha das súas cancións máis celebradas.

 http://www.goear.com/listen/37a8c20/insurreccion-el-ultimo-de-la-fila

En 2001 o gran Miguel Ríos publicou o álbum Miguel Ríos y las estrellas del rock latino que supuña unha homenaxe do rockeiro granadino a toda unha serie de  cancións que marcaron a varias xeracións. Para estas particulares versións, Ríos contou coa colaboración dos propios intérpretes das versións orixinais, tal como recolle o título do disco, e en "Insurrección", o segundo corte, non podía faltar Manolo García.

  http://www.goear.com/listen/53098b3/insurreccion-miguel-rios-y-manolo-garcia-

Mais en 1995 a banda viguesa Los Piratas publicou o seu segundo álbum Poligamia que se presentaba co single "Promesas que no valen nada", un dos mellores temas na carreira do grupo de Iván Ferreiro e que remataba coas primeiras liñas de "Insurrección", nunha das homenaxes máis orixinais a unha canción.


 http://www.goear.com/listen/f0c08d6/promesas-que-no-valen-nada-los-piratas


Ningún comentario:

Publicar un comentario