mércores, 8 de febreiro de 2012

Layla

É raro que dúas versións tan radicalmente diferentes dunha mesma canción cheguen a ter tanta sona e sexan ámbalas dúas tan boas. Ese é o caso de "Layla", concebida orixinariamente como unha canción rock da banda Derek and the Dominos, un supergrupo de blues rock formado por Eric Clapton tralo seu paso por Cream e Blind Faith. Derek and the Dominos formouse das cinzas doutra banda de Clapton; Delaney, Bonnie & Friends en 1970. Malia que a importancia dos seus integrantes, Clapton acompañado do teclista Bob Whitlock, Carl Radle ó baixo e o batería Jim Gordon, facía pensar que Derek and the Dominos marcaría unha época nos 70, só publicaron un traballo Layla and Other Assorted Love Songs (1970), que contou coa colaboración do guitarrista Duane Allman.

"Layla", composta por Clapton e Gordon, está dedicada a Pattie Boyd, daquela casada co gran amigo de Clapton George Harrison do que finalmente se divorciaría para casar con Eric Clapton.


En 1992, Eric Clapton volveu gravala, esta vez en directo nun álbum en acústico para a MTV, que levaba o nome xenérico de Unplugged, e desde logo, o resultado non desmerece á orixinal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario