En setembro de 1977 o ex líder de The Stooges, o carismático Iggy Pop, publicaba o seu segundo álbum Lust For Life, tan só seis meses do seu debut en solitario The Idiot. O álbum foi producido polo propio Iggy Pop, Colin Thurston e David Bowie, que se encargaría tamén da música de moitas das cancións, entre elas á que lle dá nome ó album. En 1996, "Lust For Life" foi incluida na banda sonora da película Trainspotting.
` http://www.goear.com/listen/c729675/lust-for-life-iggy-pop
Mais para o nacemento de esta excelente canción, Iggy Pop serviuse de dous grandes éxitos da Tamla Motown. O primeiro, "You Can't Hurry Love", que The Supremes incluíron no álbum The Supremes A Go-Go (1966), foi clave para o son da batería.
http://www.goear.com/listen/f86d98c/you-cant-hurry-love-the-supremes
A segunda foi o tema de Martha and the Vandellas "I'm Ready for Love", do álbum Whatchout!, publicado no mesmo ano que o de The Supremes, cos mesmos publicados. Neste caso, apréciase claramente a contribución ó tema de Iggy Pop na melodía.
http://youtu.be/7seTvtKUU1w
Por certo, Martha and the Vandellas gravaron unha versión en castelán que non nos resistimos a deixar de poñer.
http://www.goear.com/listen/4ff4b15/yo-necesito-de-tu-amor-im-ready-for-love-martha-and-the-vandellas

Unha das versións máis destacadas deste tema de Iggy Pop é a que Tom Jones incluiu no seu álbum de tributo a cancións de rock Reload. Para esta canción o Tigre de Gales fíxose acompañar pola banda de Crissie Hynde The Prettenders.
O son tan particular de "Lust For Life" non pasou desapercibido e influiu de xeito máis ou menos explícito noutros artistas e grupos. Sinalouse como caso máis claro o da banda australiana Jet con "Are You Gonna Be My Girl", do seu álbum Get Born (2003).
http://www.goear.com/listen/419f041/are-you-gonna-be-my-girl-jet
En 2007 Travis volveu recuperar o son da batería para a súa canción "Selfish Jean" do álbum The Boy with No Name.
http://www.goear.com/listen/3d7db57/selfish-jean-travis

Ningún comentario:
Publicar un comentario