venres, 24 de febreiro de 2012

I Will Survive

A mediados dos anos 70 a música disco tivo o seu punto álxido. Os novos sons impulsados por grupos coma Chic, o éxito de Bee Gees e a irrupción nas pistas de Donna Summer supuxeron a idade dourada dun estilo practicamente irrepetible. Entre tódolos nomes que xurdiron en torno a nova música de baile, destaca o de Gloria Gaynor, que grazas ás letras de Freddie Perren e Dino Fekaris, é a intérprete de "I Will Survive", todo un himno máis alá da súa época. Aparecía no álbum de Gaynor Love Tracks (1978), sexto traballo da cantante de Nova Jersey.


O éxito foi fulminante e boa proba disto é a innumerable cantidade de versións que se teñen realilzado, desde Aretha Franklin ata R.EM. Tamén no mundo hispano a acollida que tivo "I Will Survive" foi enorme, tanto que a propia Gloria Gaynor: http://youtu.be/mMHZPe8dnNE

Tampouco pasa desapercibida a versión da cubana Celia Cruz "Yo Viviré", que soubo adaptar de maneira brillante esta canción disco ó merengue e a salsa, estilos latinos dos que ela era a gran embaixadora.

 http://youtu.be/bHirXDxpXq8

En 1991, Erasure baseou o seu tema "Love to Hate You" no "I Will Survive". Recollése no álbum Chorus.

http://www.goear.com/listen/3696136/070-i-love-to-hate-you-erasure

En 1994, o grupo neerlandés Hermes House Band presentou unha innovadora versión de "I Will Survive", que a actualizaba á decada dos 90. Foi o single que lle abriu ás portas do éxito internacional.

  http://youtu.be/NyffJ8doJcY

Dous anos despois, a banda de rock alternativo procedente de Sacramento, Cake, incluiu outra nova versión en clave rock no seu álbum Fashion Nugget (1996).

 http://youtu.be/596qaxm-u4o

Por útlimo, Robbie Williams sampleou a música para o seu tema "Supreme", quizais a mellor canción do seu álbum Sing When You're Winning (2000), terceiro traballo do ex componente de Take That.


    http://www.goear.com/listen/d0269e3/supreme-robbie-williams

Ningún comentario:

Publicar un comentario