venres, 17 de febreiro de 2012

Three Girl Rhumba

En 1976 formábase en Londres Wire, unha banda de punk-rock liderada por Colin Newman e en apenas un ano, en decembro de 1977, publicaron o seu álbum de debut Pink Flag, que lle otorgaría o aplauso da crítica. O corte tres dese álbum é "Three Girl Rhumba", unha canción cunha base rítmica moi marcada e que non chega ó minuto e medio.


A influencia que exerceu Wire nas décadas seguintes pode observarse en bandas como R.E.M, The Futureheads, Franz Ferdinand e Bloc Party, entre outros; aínda que o caso máis coñecido é o da banda de britpop Elastica, liderada por Justine Frischmann, que en 1995 lanzaron o seu primeiro álbum Elastica. "Connection", single de presentación, situou a esta banda londinense no mapa musical mundial. Mais esta canción reproducía de xeito máis que evidente os acordes de "Three Girl Rhumba", polo que estivo envolta nunha polémica que rematou cun acordo extraxudicial entre Wire e Elastica.

Ningún comentario:

Publicar un comentario