"I Walk On Gilded Splinters" é a canción máis famosa de Dr John, un músico de blues e jazz de Nova Orleáns, grazas ás versións posteriores que se fixeron da canción. Aparece no seu álbum de debut de 1968 Gris Gris, producido por Harold Battiste e é a canción que pecha o disco.
A versión máis importante realizouna en 1970 Johnny Jenkins, un guitarrista de blues que traballara con Otis Redding e que influiría de maneira notable nun dos guitarristas máis grandes de tódolos tempos, Jimi Hendrix. "I Walk On Gilded Splinters" abría o álbum Ton-Ton Macoute! e nela destaca o ritmo da batería de Butch Trucks, que acabaría por ser sampleado noutras cancións, como veremos a continuación.
O primeiro sample importante ímolo atopar no éxito de 1993 "Loser", de Beck, anticipo do álbum Mellow Gold (1994), terceiro disco deste músico californiano e que se convertiría nun dos álbumes máis importantes de rock alternativo da década dos 90, debido precisamente a cancións como "Loser".
http://www.goear.com/listen/d9c5740/loser-beck
A última vez que se empregou como sample nunha canción de éxito foi no single de lanzamento do terceiro álbum de Oasis, Standing on the Shoulder of Giants (2000). "Go Let It Out" comeza precisamente co característico son da batería que utilizara Johnny Jenkins.
http://www.goear.com/listen/ebb01f4/go-let-it-out-oasis

Ningún comentario:
Publicar un comentario