Se hai un álbum fundamental na historia da música moderna ese é sen dúbida Thriller (1982), de Michael Jackson tanto polo éxito de vendas que supuxo como pola calidade de cada unha das cancións, que contou coa produción coidada de Quincy Jones. Supuxo a confiramción de Michael Jackson tras Off The Wall, o seu primeiro traballo en solitario á marxe de The Jacksons Five. "Beat It", a canción que hoxe che presentamos, é unha das que teñen máis forza rítmica, nela colaborou o guitarrista Van Halen, que lle achegou o riff tan característico deste tema.
http://youtu.be/oRdxUFDoQe0
A versión máis importante que se fixo de "Beat It" é a da banda de Chicago Fall Out Boy, que a incluiron no seu disco Folie á Deux (2008) e souberon darlle un toque rock grazas á colaboración nas guitarras de John Mayer.
http://youtu.be/sk8Pb17pcQI

Ningún comentario:
Publicar un comentario