Os anos 80 comezaron influídos pola música disco que eclosionara na década anterior e polo tanto, era o practicamente o estilo máis demandado neses anos, onde se orixinarían unha serie de cancións que marcarían a historia da música en forma de samples. Unha desas cancións inesquecibles é "Forget Me Nots", de Patrice Rushen, unha cantante californiana que en 1982 publicou o álbum Straight from the Heart que incluía o seu maior éxito.
O sample máis sonado do tema atopámolo a mediados da década seguinte, concretamente en 1996, no álbum de George Michael Older na canción "Fastlove", o segundo single do terceiro traballo en solitario do ex compoñente de Wham!
Un ano despois, a canción de Patrice Rushen volveu á actualidade grazas a Will Smith que a incluiu de sample no tema "Men in Black", banda sonora da película do mesmo título e que protagonizaba o propio Smith.
Ningún comentario:
Publicar un comentario