A comezos de 1992 dábase a coñecer no panorama musical unha banda procedente de Gales que se ía converter nun dos estandartes do pop rock das décadas seguintes, aínda que non sempre foron reivindicados como se merecen. Estamos a referirnos a Manic Street Preachers, composta por James Dean Bradfield, Nicky Wire, Sean Moore e o desaparecido Richey Edwards, que debutaban con Generation Terrorists onde se inclúe "Motorcycle Emptiness", un dos seus maiores éxitos baseado nun poema de Patrick Jones e na novela de Susan E. Hinton Rumble Fish e que en galego se traduciu como A Lei da Rúa. "Motocycle Emptiness" conta cun característico son de guitarra que definiría o son de Manic Street Preachers.
Aínda que en principio non teñen nada que ver, no single de lanzamento do sexto disco de Moby, 18 (2002), "We Are All Made of Stars" aparece un son de guitarra moi similar que nos fixo lembrar os comezos de Manic Street Preachers. Quédavos aí como unha simple curiosidade de dúas formidables cancións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario