Depeche Mode é unha das bandas de música electrónica máis importantes do planeta. Desde que se fundaran a comezos dos anos 80, os británicos liderados por Dave Gahan só souberon colleitar éxitos con cada álbum que publicaban. Un punto de inflexión foi Violator, de 1990, que conseguiu a internacionalización da música de Depeche Mode máis alá de Europa grazas a temas como "Enjoy of Silence" e "Personal Jesus", este último dos máis versionados e tamén moi empregado como sample.
As versións de "Personal Jesus" son incontables e destacan as de Marilyn Manson, Nina Hagen, e en España a de OBK, fans declarados da banda de Gahan e Gore. Pero talvez a máis espectacular é a de Johnny Cash do que sería o seu derradeiro álbum American IV (2002), onde colabora ás guitarras John Frusciante, daquela aínda en Red Hot Chili Peppers.
Como sample, a canción composta por Martin Gore apareceu por primeira vez no tema da cantante inglesa Jamelia "Beware of the Dog" do álbum Walk with Me (2006).
E por último, Hilary Duff foi a última en lembrarse de "Personal Jesus" para crear un éxito seu co tema "Reach Out", do álbum recopilatorio Best of Hilary Duff (2008).
Ningún comentario:
Publicar un comentario