Unha das bandas de referencia do britpop dos anos 90 é The Lightning Seeds. Liderada por Ian Broudie, o seu son chegou a millóns de persoas con éxtos como "Lucky You" e, sobre todo, con "Three Lions", un dos himnos da Eurocopa de fútbol que se disputou en Inglaterra en 1996, o que supuxo a consolidación de The Lightning Seeds no mundo da música. Pero a andaina desta banda de Liverpool comezou en 1990 co seu álbum de debut Cloudcuckooland onde se atopa "Pure".
A primeira versión que se fixo de "Pure" é do grupo dance Scanners que a levou ás pistas de baile en 1995.
http://www.goear.com/listen/32688c7/pure-scanners
En 2004 a banda grega de electro pop Marsheaux incluiu unha versión no seu álbum E-Bay Queen.
http://youtu.be/i1CkRwojNAs
En España, en cambio, causou bastante sorpresa que a compañía discográfica de The Lightning Seeds demandase por suposto plaxio a Mikel Erentxun, un dos artistas e compositores máis admirados, debido á banda sonora da serie de televisión Los Serrano, "Uno más uno son siete", interpretada por un dos actores da serie, Fran Perea. Mikel Erentxun alegou que non pensara para nada na canción de Ian Broudie á hora de compór o tema, aínda que admitiu que a melodía tiña certo parecido debido a unha casualidade. Finalmente, o xulgado que instruía o caso absolveu a Erentxun das acusacións. Abaixo a interpretación de Fran Perea, que a incluiu no seu álbum de debut La Chica de la Habitación de al Lado (2003).
http://www.goear.com/listen/d8a36ba/uno-mas-uno-son-siete-fran-perea
Ningún comentario:
Publicar un comentario