Tras conseguir a fama coa súa banda The Police, Gordon Sumner, máis coñecido polo seu alcume Sting, emprendeu unha carreira en solitario á altura do seu grupo. Unha década despois da disolución de The Police, este antigo mestre de matemáticas publicaba en 1993 o seu cuarto ábum Ten Summoner's Tales, título inspirado na colección de relatos do escritor medieval Geoffrey Chaucer The Canterbury Tales. Nese álbum atópase a balada "Shape of My Heart".
Como non podía ser doutro xeito, deseguido se empezaron a facer versións, aínda que como dato curioso, pode dicirse que o hip-hop e o R&B se apropiaron totalmente dela, pois practicamente tódalas versións corren a cargo de artistas destes estilos, que ben ou se limitaban a versionala ou ben a empregala como sample. Como a lista nos habería de quedar bastante ampla, imos pór dous exemplos. O primeiro, da cantante de Georgia Monica, que incluía no seu álbum de 1998 The Boy Is Mine a canción "Take Him Back".
O último exemplo que vos ofrecemos é quizais o que máis repercusión tivo, xa que contaba coa colaboración do propio Sting. Pertence o álbum de Craig David Slicker Than Your Average (2002) e trátase da canción "Rise & Fall".
Ningún comentario:
Publicar un comentario