The Zutons, banda inglesa de rock alternativo procedente de Liverpool, publicou o seu segundo álbum Tired of Hanging Around en 2006, dous anos despois do seu debut con Who Killed... The Zutons?. O segundo traballo confirmou a boa traxectoria que levaba o grupo de Dave McCabe, sobre todo, grazas ó segundo single "Valerie".
"Valerie" non saiu da escena independente ata que o produtor de Amy Winehouse Mark Ronson a convenceu para gravar unha versión que aparecería no álbum Version (2007), segundo traballo discográfico de Ronson e que se centraba nas versións dalgúns dos temas favoritos de Ronson dos últimos anos. Finalmente, e debido ó éxito do traballo de Winehouse Back to Black decidiuse incluir a nova gravación nunha reedición especial do aclamado traballo da cantante londinense, que faría que "Valerie" chegase ó gran público. A súa popularidade foi tal que supuxo que moita xente crea que é un tema de Amy Winehouse.
Ningún comentario:
Publicar un comentario