En 1976, facía o seu debut unha banda de rock que levaba o nome do lugar de onde procedía: Boston. Cun álbum homónimo que os consagraría como un dos grupos punteiros do hard rock, non deixa de resultar sorprendente que a súa canción máis coñecida sexa unha balada rock "More Than a Feeling", referente sen dúbida para todos aqueles seguidores da banda de Tom Scholz.
Ademais das innumerables versións que se fixeron de "More Than a Feeling", hai quen sinala a súa influencia nun par de cancións que supostamente conteñen elementos da balada de Boston. A primeira da banda de heavy Riot, que no seu séptimo traballo discográfico The Privilege of Power (1990) que contén esta canción "Maryanne".
Pero a que máis transcendencia tivo foi "Smells Like Teen Spirit", o himno grunge por excelencia da mítica banda de Kurt Cobain, Nirvana, do álbum Nevermind (1991). Disque as bases da canción son moi semellantes ás de Boston.
Por último, non podemos resistirnos a deixarvos unhas versións do tema de Nirvana. A primeira a cargo do trío de jazz The Bad Plus do álbum These Are the Vistas (2003).
A segunda, do gran Paul Anka, que non tivo reparon en coller un tema grunge e darlle un toque de swing no álbum Rock Swings (2005).
Ningún comentario:
Publicar un comentario