A mediados dos anos 70 a banda de Nova York Chic revolucionou parte do son musical do momento co seu estilo disco. Tras o enorme éxito que colleitou o álbum C'est Chic de 1978 con temazos como "Le Freak", un ano despois aparecía no mercado Risqué que contiña unha das cancións máis influentes na música posterior grazas a súa base rítmica. Sen dúbida, falamos de "Good Times", composta por Bernard Edwards e Nile Rodgers.
http://www.goear.com/listen/e606b47/good-times-chic
"Good Times" empregouse en moitas ocasións coma un sample que garantía o éxito de calquera canción, e a primeira que o comprobou foi "Rappers Delight", da banda The Sugarhill Gang, que aparecía no seu álbum homónimo de 1979, o mesmo ano da publicación do álbum de Chic.
http://www.goear.com/listen/5dc6900/rapperss-delight-sugar-hill
Tamén se demostrou con "Another One Bites The Dust", un dos temas máis coñecidos de Queen, que en 1980 aparecía no disco da banda de Freddie Mercury The Game (1980).
http://www.goear.com/listen/7c36a7b/another-one-bites-the-dust-queen
En 1981, a banda de Debbie Harry tamén se acordaría de "Good Times" no seu popular "Rapture" do álbum Autoamerican.
http://www.goear.com/listen/d5c91f1/rapture-blondie
A última vez que atopamos a sombra de "Good Times" é no tema dos franceses Daft Punk "Around The World", do álbum Homework (1997).
http://www.goear.com/listen/51db9f2/around-the-world-daft-punk

Ningún comentario:
Publicar un comentario