En 1976 Tom Petty, un cantante de rock de Florida, formou unha banda coa que coñecería os meles do éxito, Tom Petty and The Heartbreakers. Ó ano seguinte, a formación facía o seu debut cun disco homónimo onde xa se podía apreciar o potencial de Tom Petty. Nel inclúese a canción "American Girl", segundo single extraído tras "Breakdown". En 1989, Tom Petty debutaba en solitario e deixaba para a memoria colectiva "Free Fallin", que chegou a eclipsar mesmo toda a traxectoria anterior de Petty. No entanto, na primeira década deste século "American Girl" ía saltar de novo ós ollos do panorama musical...
En 2001 debutaba na escena musical unha banda de rock alternativo procedente de Nova York na que algúns componentes tiñan que cargar co sambenito de ser fillos de algún famoso. The Strokes está liderada por Julian Casablancas e un dos guitarristas é Albert Hammond Jr., fillo do lendario compositor dos anos 60 e 70. Pero á marxe de todo isto, o primeiro álbum de The Strokes, Is This It? foi saludado pola crítica como un dos mellores debuts de 2001 e confiaban na prometedora carreira que tiñan por diante e que os podería levar a ser unha das mellores bandas da década. O single que os lanzou á fama "Last Nite" así o parecía confirmar. Mais a Tom Petty os acordes éranlle algo familiares.
Ningún comentario:
Publicar un comentario