mércores, 18 de abril de 2012

Catch My Disease

O músico australiano Ben Lee comezou unha carreira en solitario á marxe  da súa banda Noise Addict e que lle ía reportar certa popularidade. O recoñecemento internacional chegoulle coa publicación en 2005 do seu quinto disco Awake Is the New Sleep onde se recolle  "Catch My Disease", unha canción desenfadada cun son caracterizado por un pequeno piano e que se empregaría nunhas cantas series americanas como Scrubs.


A seguinte canción que vos presentamos só comparte coa anterior ese estilo alegre capaz de animar a calquera que estea algo decaído. Titúlase "The Magic Position" e está incluída no terceiro álbum de Patrick Wolf, un compositor e músico inglés que domina unha ampla variedade de instrumentos como o piano, a viola e o ukelele e que trala publicación dos seus últimos discos The Magic Position (2007), The Bachelor (2009) e Lupercalia (2011) está chamado a ser o herdeiro natural de David Bowie.


Ningún comentario:

Publicar un comentario